CRTVG

Buscar

Soben a 72 os casos na residencia das Gándaras, tras sumar 22 positivos

Publicado o 24/08/2021 12:56
Soben a 72 os casos na residencia das Gándaras, tras sumar 22 positivos
EP

A detección doutros 22 casos positivos de covid na residencia As Gándaras de Lugo elevou a 72 o número de usuarios contaxiados neste centro, segundo a información trasladada este martes pola Consellería de Política Social, e o número total de casos de covid en residencias de maiores de Galicia elevouse ata 118.

Así, o departamento autonómico confirmou hai unha semana o gromo na residencia lucense (a maior da provincia), inicialmente con 49 casos confirmados de covid entre os usuarios. O número de contaxios creceu poucas horas despois cun novo caso e este mércores notificáronse outros 22 positivos.

O número de total de usuarios contaxiados baixou de 53 a 51 nos centros de atención a persoas con discapacidade. 

Noticias web

24/08/2021