CRTVG

Buscar

Soben a 46 os usuarios contaxiados nas residencias galegas tras dous novos positivos na Coruña

Publicado o 02/08/2021 15:32
Soben a 46 os usuarios contaxiados nas residencias galegas tras dous novos positivos na Coruña

Dous novos positivos elevan a 24 os usuarios de residencias contaxiados na comunidade. Os dous últimos casos notificáronse na residencia Concepción Arenal da Coruña. A día de hoxe son cinco os centros de maiores que teñen casos entre os internos. En canto ás residencias de discapacidade, hai 22 contaxios, a maioría no Fogar e Clínica de San Rafael de Vigo.

Noticias web

02/08/2021