CRTVG

Buscar

Soben a 27 os detidos por alixo de 4.000 kg de cocaína nun barco que se dirixía a Galicia

Publicado o 27/04/2020 16:27

A cifra de detidos en relación co transporte frustrado de 4.000 quilos de cocaína que portaba un buque interceptado preto de Canarias na madrugada deste domingo ascende a 27, informou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.

Desa cantidade, quince dos detidos son os tripulantes do barco interceptado, con bandeira de Togo, todos eles africanos menos un galego.

O resto de arrestos producíronse en terra en diferentes puntos da provincia de Pontevedra, concretamente na comarca de Arousa.

A subdelegada detallou que deste últimos sete permanecen nos calabozos da Policía Nacional de Vigo e cinco na de Pontevedra, pendentes de pasar a disposición xudicial, previsiblemente ao longo de mañá martes.

Tamén para mañá está prevista a chegada ao porto de Vigo do buque asaltado en altamar polas forzas de seguridade e que está a ser escoltado ata terras galegas.

A operación foi desenvolta por GRECO Galicia e a brigada central de estupefacientes da provincia de Pontevedra.