CRTVG

Buscar

Soben a 197 o número de mortos con coronavirus en Italia, 49 máis nun só día

Publicado o 06/03/2020 19:05
Soben a 197 o número de mortos con coronavirus en Italia, 49 máis nun só día

Os falecidos en Italia con coronavirus ascenderon a 197, despois de que as últimas 24 horas se rexistraran 49 máis, e as persoas contaxiadas actualmente son xa 3.916, informou hoxe o xefe de Protección Civil, Angelo Borrelli, na conferencia de prensa diaria. Dos contaxiados, 2.394 atópanse hospitalizados con síntomas de diversa entidade, 462 reciben coidados intensivos e 1.060 recupéranse en corentena nos seus propios domicilios. Italia sumou así 4.636 casos positivos de coronavirus, dos que 3.916 seguen contaxiados, 197 faleceron e 523 xa curaron e foron dados de alta. A maioría de enfermos concéntranse nas rexións norteñas da Lombardía, Emilia- Romaña e O Véneto.

Noticias web

06/03/2020