Soben a 460 os usuarios de residencias contaxiados tras creceren os gromos nos centros de Guntín e Pontedeume
Publicado o 27/11/2020 18:55

Aumentan os contaxios entre os usuarios das residencias de maiores galegas. Son agora mesmo 460 os positivos. O incremento débese en parte a que medraron os gromos da residencia Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, que sumou 11 positivos, e da residencia San Salvador de Guntín, onde se detectaron 14 novos contaxios. A maiores, hai 200 traballadores de xeriátricos que tamén están infectados e pasando a enfermidade nas súas casas.