CRTVG

Buscar

Sobe o recibo da luz por quinto mes consecutivo

Publicado o 30/09/2020 21:18
Sobe o recibo da luz por quinto mes consecutivo

O recibo medio da electricidade subiu o mes de setembro pasado máis dun 4% con respecto a agosto. É o quinto mes consecutivo en que o recibo da luz rexistra unha suba, despois das baixadas de febreiro e durante o período de confinamento.

Este incremento do prezo da electricidades débese, principalmente, ao aumento de case o 16% do prezo medio do mercado enerxético diario durante o mes de setembro.

Noticias web

30/09/2020