CRTVG

Buscar

Sobe o IPC dúas décimas máis ca no mes de marzo por mor do turismo

Publicado o 14/05/2019 09:19
Sobe o IPC dúas décimas máis ca no mes de marzo por mor do turismo

O índice de prezos de consumo (IPC) rexistrou unha subida interanual do 1,5 % en abril, dúas décimas por encima da alza de marzo, grazas ao impulso que a Semana Santa exerceu sobre os prezos dos servizos relacionados co turismo.

Segundo confirmou este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE), a maior inflación anual foi consecuencia principalmente dos prezos do lecer e a cultura (que creceron un 0,3 %, máis de dous puntos por encima do mes anterior), grazas ao encarecemento dos paquetes turísticos, que un ano antes abarataron porque a Semana Santa se celebrou en marzo.
Ademais, creceron máis os prezos dos hoteis, cafés e restaurantes (2,3 % interanual, medio punto máis que en marzo), así como o transporte (3,2 %, dúas décimas máis), polas viaxes aéreas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí