CRTVG

Buscar

Sobe a un avión sen coñecer o resultado do seu PCR e provoca a corentena de 14 pasaxeiros

Publicado o 29/05/2020 19:42
Sobe a un avión sen coñecer o resultado do seu PCR e provoca a corentena de 14 pasaxeiros

Tamén podería ser sancionado o pasaxeiro dun voo entre Madrid e Lanzarote que deu positivo por coronavirus. O viaxeiro fixo as probas antes de saír de Cidade Real porque tivera contacto cun falecido. O Goberno de Castela-A Mancha comunicoulles os resultados ás autoridades canarias que o illaron nada máis chegar ao aeroporto. A conduta deste pasaxeiro obrigará a poñer en corentena a todos os que viaxaron á beira del.

Noticias web

29/05/2020