CRTVG

Buscar

Sobe a presión asistencial (+7), mentres seguen baixando os casos activos (-390)

Publicado o 13/08/2021 10:23

• Hai catro persoas máis en UCI ca na xornada anterior

• Aumentan os casos confirmados por PCR (+50)

 

Sobe a presión asistencial (+7), mentres seguen baixando os casos activos (-390)

Por oitavo día consecutivo, Sanidade notifica un descenso dos casos activos (-390). En total, son 15.156 as persoas con coronavirus en Galicia.

Porén, nas últimas 24 horas rexistrouse un aumento dos positivos por PCR (+50). Das 818 probas positivas, 280 foron detectadas na área sanitaria da Coruña e 219 pertencen á de Vigo. 

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 3.715 (-95)

A Coruña: 4.495 (-9)

Pontevedra: 1.809 (-16)

Santiago: 1.555 (-59)

Ourense: 1.029 (-91)

Lugo: 1.585 (-91)

Ferrol: 968 (-29)

A presión asistencial tamén experimenta unha subida (+7), aumentando as persoas hospitalizadas en planta ás 269 e ás 55 en coidados intensivos. Por outro lado, na xornada de onte, Saúde Pública notificou catro decesos por mor da covid, elevando a 2.508 as persoas falecidas desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos