CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Sobe a luz na Arxentina

Publicado o 03/02/2017 15:08

A factura eléctrica na Arxentina vai subir ata un 148%. Unha medida coa que o Goberno cumpre a súa promesa electoral de reducir os subsidios ao consumo eléctrico para achegarse aos custos reais e poder facer máis eficiente o servizo.

O Goberno arxentino oficializou a suba das tarifas eléctricas.

Trátase da segunda da era Macri e prevé un aumento no recibo da luz dun 60 a un 148%, co que para as familias que en xaneiro pagaron 237 pesos, uns 14 euros, a factura será agora de 420, algo máis de 24 euros.

Un golpe para a economía dos arxentinos que se suma á perda de poder adquisitivo dos últimos meses nun país cunha forte inflación e cun salario medio que anda polos 20.000 pesos, uns 1.200 euros.

Con esta medida o presidente cumpre unhas das súas promesas electorais de reducir os subsidios ao consumo eléctrico para que os custos sexan reais e poder afrontar deste xeito melloras nas instalacións que garantan o servizo en horas pico.

O Goberno manterá a tarifa reducida para os sectores máis desfavorecidos da que se beneficiarán 4,1 millóns de familias.

A suba vai en consonancia coa tendencia no resto de América Latina, onde as principais economías da rexión están a deixar notar tamén un aumento nos combustibles.

Queren aplicar políticas de mercado afastadas do histórico nacionalismo vinculado aos recursos naturais e que converten as novas estratexias enerxéticas un branco fácil das críticas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí