CRTVG

Buscar

Sobe a incidencia en Sanxenxo, mentres se recuperan as reservas

Publicado o 27/07/2021 15:13

"A verdade é que está sendo un verán complicado, por tanto o sector está traballando con moita incerteza e sobre todo con moita presión", comenta Alfonso Martínez, presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.

A covid non quere darlles un respiro, pero si o tempo, aínda que hoxe o sol fíxose de rogar. Con todo, a praia de Silgar estaba a rebosar. Tamén o paseo e as terrazas. Volven recuperarse as reservas de aloxamento tras unha fin de semana frouxa.

"Tiña que ser unha das fins de semana grandes do verán e no noso caso houbo unha parada. Si que agora se está a reactivar outra vez, estamos bastante ben de ocupación, para agosto as previsións non son malas, pero son reservas, pódense cancelar en calquera momento", explica Iria Martínez, directora de hotel.

As novas restricións de acceso aos locais aféctanlles sobre todo aos bares, cafeterías e restaurantes, polo que o sector pide solucións.

"De feito, nós tivemos o outro día unha reunión co alcalde e o que lle solicitamos foi ver a posibilidade de poder poñer un punto ou dous puntos en Sanxenxo para poder facer tests de antíxenos a un prezo accesible, económico e que a xente teña esa facilidade, pois, para axudar a hostalería", apunta Alfonso Martínez.

Os turistas tamén viven momentos de incerteza: "Si, estabamos dubidando ao principio porque miña nai pensaba a ver se pechan Galicia e non podemos entrar, pero chegamos o domingo e está todo ben, ou sexa, non hai ningún problema, ou sexa, para haber coronavirus está todo moi ben".

Noticias web

27/07/2021