CRTVG

Buscar

Sobe a bombona de butano e sitúase nos 14,18 euros

Publicado o 16/05/2017 10:20

Xa van cinco subas consecutivas, que as fontes do sector explican por un encarecemento da materia prima

A partir de hoxe, a bombona de butano volve subir outro 5% e custará 14,18 euros. Xa van cinco subidas consecutivas para os que aínda utilizan o tradicional gas butano para cociñar ou quentarse.

A suba, que as fontes do sector explican por un encarecemento da materia prima, supón un aumento do 26% respecto de xullo do ano pasado, en que a bombona custaba 11,25 euros. A revisión do prezo fíxaa o Ministerio de Enerxía, pero depende da cotización da materia prima nos mercados internacionais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2017