CRTVG

Buscar

Sobe a 79 o número de mortos ou desaparecidos no incendio de Londres

Publicado o 19/06/2017 14:30

O comandante Stuart Cundy afirmou que a cifra aínda "podería variar" e que polo de agora desas 79 persoas só cinco foron "formalmente identificadas"

E a policía de Londres elevou hoxe a 79 o número de persoas mortas ou desaparecidas tras o incendio da torre Grenfell a semana pasada.

Estas son algunhas das imaxes gravadas no interior do edificio de 24 andares e 120 apartamentos que quedarou reducido a cinzas polo lume. O incendio desatou un gran escándalo ao saberse que o inmoble estaba revestido con politileno, un material moi inflamable e prohibido en toda Europa e se supón que, polo tanto, tamén no Reino Unido.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017