CRTVG

Buscar

Sobe a 74 anos a idade media dos hospitalizados por covid na área de Ourense

Publicado o 10/08/2021 15:25

Ourense leva xa máis de dúas semanas drobregando a curva e neste intre muda o perfil dos ingresados por covid, aínda que o maior número de contaxios segue a darse entre os máis novos.

A idade media roza os 74 anos. Case 3 de cada 4 ingresados supera os 70 anos, cando hai tan só 15 días non chegaban ao 40 por cento. Por iso insisten na necesidade de extremar as medidas de prevención, sobre todo nas xuntanzas.

A vacinación reduce a gravidade e, polo tanto, os ingresos, que son menores que noutras ondas. Neste intre un terzo dos hospitalizados en Ourense non teñen a pauta completa. Son, sobre todo, os máis novos, que en moitos casos acaban en coidados intensivos. A idade media dos ingresdos na UCI nos hospitais ourensáns é de 50 anos.

Noticias web

10/08/2021