CRTVG

Buscar

Soben a 31 as vítimas nas residencias galegas nesta segunda vaga

Publicado o 18/09/2020 20:04
Soben a 31 as vítimas nas residencias galegas nesta segunda vaga

A situación non mellora nas residencias de maiores.Hoxe houbo un falecemento máis, o dunha muller de 92 anos, usuaria da residencia DomusVI de Outeiro de Rei, aínda que estaba ingresada no hospital de Lugo. Con ela son xa 31 anciáns falecidos nesta segunda vaga da pandemia, 20 deles na residencia do Incio, e 11 na de Outeiro de Rei.

Tamén preocupa a situación no centro de atención a persoas con discapacidade de Aspronaga, en Oleiros, onde nas últimas 24 horas se rexistraron 10 contaxios novos entre usuarios e tamén o dun traballador.

Noticias web

18/09/2020