CRTVG

Buscar

Sobe a 29 o número de contaxiados no colexio Tirso de Molina de Ferrol

Publicado o 13/03/2021 22:29

Aumenta ata 29 o número de contaxiados no colexio Tirso de Molina de Ferrol.
Os casos agromaron nun cribado realizado entre preto de catrocentos profesores e estudantes da ESO e de bacharelato. A maioría dos infectados están asintomáticos. O alumnado das catro aulas pechadas recibirá clases en liña ata o próximo 22 de marzo. O Tirso de Molina concentra practicamente a metade de todos os positivos detectados nas escolas e institutos da área sanitaria de Ferrol.
 

Noticias web

13/03/2021