CRTVG

Buscar

Sobe a 174 o número de novos contaxios en España, once deles en Galicia

Publicado o 03/07/2020 19:43
Sobe a 174 o número de novos contaxios en España, once deles en Galicia

O Ministerio de Sanidade rexistrou este venres 17 mortes con Covid-19 en 24 horas, así como 21 falecementos na última semana, situándose a cifra total de falecidos desde o inicio da pandemi nos 28.385. Ademais, notificáronse 174 novos positivos, en comparación cos 134 do xoves, o que sitúa en 250.545 as persoas que se infectaron polo novo coronavirus.

Ata 1.165 persoas iniciaron síntomas de Covid-19 nas dúas últimas semanas, das que 352 se produciron nos últimos sete días. Ademais, 11.704 persoas ingresaron nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 13 nos últimos 7 días; e 125.484 precisaron hospitalización, 141 na última semana.

Andalucía (2), Castela-A Mancha (2), Castela e León (4), Cataluña (2), Madrid (7), País Vasco (3) e A Rioxa (1) son as únicas rexións que notificaron un falecido nos últimos sete días.

Os novos diagnosticados déronse en:

Andalucía 9

Aragón 31

Baleares 1  

Canarias 1

Castela-A Mancha 8

Cataluña 42

Comunidade Valenciana 7

Estremadura 7

Galicia 11

Madrid 50

Murcia 3

Navarra 1

País Vasco 3

O Ministerio de Sanidade anunciou este venres que deixará de publicar os datos de positivos e mortes con COVID-19 as fins de semana en vista da "evolución epidemiolóxica", de forma que a seguinte publicación de cifras será os luns. Segundo sinalou o Ministerio nun comunicado, en calquera caso, durante a fin de semana "seguirán activos todos os sistemas de alerta dos servizos de Saúde Pública das CCAA para manter a vixilancia e o control en todo o territorio español". "A actualización dos datos da fin de semana realizarase, por tanto, os luns, salvo que sexa necesario adiantar esta comunicación", puntualizan.

Madrid notifica o primeiro brote, cinco casos nunha empresa.

No resto de España seguen detectándose novos focos. Andalucía, con 13, é a comunidade con máis brotes activos, seguida de Cataluña, con 9. Este venres detectouse o primeiro en Madrid, con cinco afectados da mesma empresa. Asturias e A Rioxa son as únicas comunidades autónomas que aínda non tiveron ningún brote de coronavirus desde o inicio do proceso de desescalada.

Noticias web

03/07/2020