CRTVG

Buscar

Sobe a 15 o número de falecidos nos incendios dos EUA

Publicado o 11/09/2020 21:02

Continúa o avance imparable do lume na costa oeste dos Estados Unidos Xa se contabilizan 15 falecidos ademais de milleiros de evacuados nos estados de California, Oregón e Washington. O Departamento Forestal xa cualifica o incendio rexistrado no August Complex, como o maior rexistrado na historia recente de California, desde que hai rexistros no ano 1932. Ata o momento, os bombeiros só lograron conter a cuarta parte das lapas.

Noticias web

11/09/2020