CRTVG

Buscar

Só unha vitoria galega nesta xornada de Segunda B

Publicado o 18/03/2019 18:02

Salamanca C. F. 3 - Pontevedra C. F. 0
Na segunda B, o Pontevedra recuou nas súas aspiracións de xogar a fase de ascenso. Perdeu no Helmántico por 3-0, ante un Salmantino que aínda non gañara no seu campo na segunda volta. Os de Luismi, que só sumaron un punto dos últimos 9, pagaron a súa falta de concentración cun gol aos sete minutos. Golazo de Carlos Indiano. E contra o final encaixaron outros dous.
 

Guijuelo 1- Rápido de Bouzas 0
Derrota tamén do Rápido de Bouzas en Guijuelo, décimo sexta da temporada, que o mantén en descenso, a sete puntos da promoción de permanencia. Derrota por 1-0 cun penalti no minuto 31 moi protestado polo cadro vigués.

Fabril Deportivo 1- Coruxo F. C. 1

Afundido na última posición segue o Fabril, malia empatar co Coruxo. Os de Jacobo Montes, que suman dez xornadas sen perder, adiantáronse no minuto 23 co tanto de Manu Justo. No 68, Abeledo lograba o empate a un definitivo.
 

R. C. Celta B 2 - Unionistas de Salamanca C. F. 1
A única vitoria galega da xornada protagonizouna o Celta B. Venceu 2-1 o Unionistas de Salamanca en Barreiro, con dous goles de Iban Salvador, que o afastan a 4 puntos dos postos de descenso. O 1-0 chegou ao cuarto de hora, tras o penalti cometido por Carlos de la Nava sobre Apeh. E no 32 aumentou a vantaxe de tiro cruzado. Tres minutos despois Iván Garrido recortou diferenzas para os salmantinos pero non impediu que o Celta B sumara tres puntos que lle permiten coller aire na clasificación.

Terceira galega

Na terceira galega, o equipo máis en forma é o Compostela. O Compostela gañou no Couto por DOUS goles a CERO. Abriu a conta por medio de Brais Abelenda. O control previo de Josiño é dunha enorme factura. O Compostela, con 53 puntos, achégase á cabeza da liga. Liderado que recupera o Rácing de Ferrol tras derrotar o Arousa por 4 goles a 0, con dous tantos de Pablo Rey. Os ferroláns sumaron os tres puntos e sacaron proveito do empate do Bergantiños ante o Ribadumia.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019