CRTVG

Buscar

Só un 4% dos lectores escolle a lingua galega para a lectura de libros no lecer

Publicado o 22/01/2019 22:05

Medra o número de lectores de libros pero ao mesmo tempo, un 40 por cento dos españois non le nunca ou moi pouco. Luces e sombras para este último barómetro dos hábitos de lectura, que apunta que as mulleres son máis lectoras que os homes. En Galicia, un dato preocupante: só un 4 por cento escolle libremente ler en galego.

É o poder da lectura. Un atractivo que este ano descubriron algúns máis, xa que os lectores medraron de xeito moderado en España, ata situarse no 61,8 por cento da poboación. Son datos do Barómetro de Hábitos de Lectura, elaborado pola Federación de Gremios de Editores.

Outro dato salientable, as mulleres somos un 11 por cento máis lectoras que os homes. O dato preocupante en Galicia é que só un 4 por cento dos lectores escolle a lingua galega para a lectura. Coas obrigadas no ensino, a cifra sobe ata un 17 por cento, pero segue sendo moi baixa se queremos salvagardar a nosa cultura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2019