CRTVG

Buscar

Só o 9% dos españois residentes no estranxeiro solicitaron o voto

Publicado o 29/04/2019 02:30

Os máis de dous millóns de españois que residen no estranxeiro teñen que rogar o seu voto se queren participar nas eleccións xerais. Iso significa que deben solicitalo desde o seu país de residencia. Unha vez que o reciben poden votar en urna, un días determinados nos consulados españois, ou envialo por correo, pagando os gastos. Un proceso aparentemente sinxelo pero que na práctica, aseguran, é tan enredoso e tan lento que moitas veces fai imposible que o voto chegue a tempo.

De feito, a solicitude de sufraxio desde o estranxeiro foi caendo progresivamente nas últimas eleccións, e para as do próximo domingo apenas chega ao 9 por cento. Só o pediron 182.000 emigrantes.

"os meus avós son do País Vasco, eu vivo aquí pero vou moitas veces a España, e procuro estar ao tanto da actualidade de alí", "eu son arxentino, pero toda a miña familia procede de España, os meus avós son os que viñeron primeiro"

Os españois que por calquera motivo estean fóra o próximo domingo teñen que facer o mesmo proceso. Segundo o Instituto Nacional de Estatística, 1.186 galegos que están temporalmente fóra de España solicitaron votar nestas eleccións xerais.


 

Noticias web

29/04/2019