CRTVG

Buscar

Coa vacinación e a fin das vacacións as empresas optan pola volta á oficina

Publicado o 15/09/2021 21:30

Di o estudo elaborado polo portal de emprego Infojobs que 7 de cada 10 persoas traballadoras en España de poder escoller optaría por un modelo laboral que lle permitise teletraballar e mellor se é flexible.

Dos que regresaron á oficina nas últimas dúas semanas, o 20% afirma que o fixo por obriga e o 23% por decisión propia.O 57% restante corresponde a profesionais os que o seu traballo non lles permite teletraballar.

Nestes momentos en España tres de cada catro profesionais traballa de forma presencial ao cento por cento.

A pandemia acelerou tamén a súa regulamentación. A nova lei de teletraballo establece que ha ser voluntario e reversible, e contempla sancións para as empresas que incumpran estes e outros requisitos.

Noticias web

15/09/2021