CRTVG

Buscar

Só falta o acordo co Huesca para que Javi Galán fiche polo Celta

Publicado o 21/07/2021 17:26
Só falta o acordo co Huesca para que Javi Galán fiche polo Celta

No Celta queren pechar a contratación de Javi Galán. É o elixido para cubrir o lateral esquerdo. Xa hai acordo co futbolista e a operación de traspaso co Huesca podería pecharse nuns 3 millóns de euros.

E, mentres, en Marbella, Coudet aperta os seus futbolistas. Pretemporada esixente no plano físico e tamén nos exercicios con balón. Por diante, tres amigables. O primeiro deles, este venres ante o Sanluqueño.