CRTVG

Buscar

Un verán diferente en Avión: os emigrantes mexicanos polo momento non volven

Publicado o 02/07/2020 15:00

Como cambiou Avión. Nada que ver como en xullo do ano pasado, cando celebraban unha concorrida festa mexicana que celebran para homenaxear os emigrantes.

Pero este ano, nada máis achegarnos pola estrada, xa detectamos que Avión esta máis queda. Pouca xente, casas fechadas, pero tamén indicios evidentes de que que polo menos algúns dos seus 3.000 emigrantes en México xa están aquí.

A viaxe para estes veciños de Avión é posible. O Ministerio de Exteriores permite que regresen todos os cidadáns españois que viaxaron ou residen no estranxeiro. Iso teñen que xustificar esa viaxe.

Pero o feito de que México estea en plena desescalada aínda e que non apareza entre os países recomendado pola Unión Europea para abrir fronteiras aéreas, complica as posibilidades. Atopar liñas aéreas que teñan conexión non é doado.

Ricardo Terrazo foi dos primeiros, chegou en pleno confinamento e tivo que pasar unha corentena de 14 días. Iso si, vai estar algo máis só que outros anos.

As festas, efectivamente, están canceladas. Este ano será menos colorido en Avión.

Seguridade, familia e distanciamento pintan o verán do mundo e ao pé da serra do Suído as rancheiras soarán algo máis afastadas.

Noticias web

02/07/2020