Só 30 das 600 maiores compañías de Europa cumpren coa paridade
• As directivas buscan romper as barreiras
Informe sobre a fenda de xénero nas empresas cotizadas. Das 600 maiores compañías de Europa, só 30 cumpren coa paridade, menos dun 5%.
E dentro dos consellos de administración, só hai un 33% de mulleres, cando a Comisión Europea cifra a igualdade nun 40.
Son datos do Índice de Diversidade de Xénero de European Women on Boards. E as compañías españolas aínda están por baixo da media europea en igualdade. A primeira aparece no posto 108 e son os bancos os mellor posicionados. Destacan en igualdade as empresas francesas e nórdicas.
As directivas buscan romper barreiras
Con máis de 25 anos de experiencia en corporacións internacionais, a galega Laura González-Molero senta como conselleira independente nos órganos de goberno de empresas cotizadas no IBEX 35, como Bankia ou Ezentis.
Convencida de que as cotizadas van ter que tomar en serio o obxectivo de xénero, identifica as barreiras que limitan e anima as mulleres a que as rompan.
Di que hai talento. As mulleres superan o 58% dos titulados universitarios. Queda que as empresas lles dean oportunidade de demostralo.