CRTVG

Buscar

SNCF e Ilsa-Trenitalia competirán con Renfe nas principais liñas do AVE

Publicado o 27/11/2019 14:58

Renfe xa ten competidoras para operar nas principais liñas do AVE cando estas se liberalicen, dentro dun ano.

O ADIF elixiu por unanimidade a operadora pública francesa SNCF e o consorcio formado por Ilsa, propiedade de Air Nostrum, coa tamén pública Trenitalia.

Xunto con Renfe, as tres empresas poderán operar dende o 14 decembro de 2020 en tres corredores: os que unen Madrid con Barcelona, co Levante e con Sevilla. A apertura á competencia vai permitir incrementar nun 65% as frecuencias actuais de trens nesa liñas.

Noticias web

27/11/2019