CRTVG

Buscar

Smolov podería perder o que queda de liga

Publicado o 14/07/2020 19:28

Contratempo para o Celta. Smolov podería perder os dous partidos que quedan de liga. O xogador ruso sofre un edema no adutor da perna dereita que lle impediu xogar ante Osasuna o pasado sábado. De feito, foi precisamente durante o quecemento dese partido cando sentiu as molestias.

Desde o club non confirman que vaia perder os partidos. A súa evolución marcará a súa dispoñibilidade. O internacional ruso está sendo habitualmente titular no esquema de Óscar García.

Noticias web

14/07/2020