CRTVG

Buscar

Smolov devece por volver xogar

Publicado o 23/05/2020 20:47

Son os nomes propios do último adestramento do Celta. Fedor Smolov e Jeison Murillo. O colombianio repasa o seu teléfono móbil despois da sesión de traballo. Cedido pola Sampdoria o central quere quedar en Vigo e ampliar contrato. Fedor Smolov tamén mira o seu teléfono ao remate da sesión, o ruso está cedido polo Lokomotiv de Moscova, tamén quere quedar en Vigo e, sobre todo, volver xogar.

"Penso que é a primeira vez na miña carreira que estou dous meses sen a oportunidade de xogar no céspede. Xa que logo creo que todos os xogadores temos a oportunidade de adestrar e amosar as nosas habilidades e mellorar e, simplemnete, xogar ao fútbol que é a cousa coa que máis gozo. Por fin estamos de volta", explicou Smolov.

Das decisións de Miñambers e o consello de administración dependerá a súa continudiade e a de Brais Méndez, que agarda pechar nas próximas semanas a súa renovación. Todos queren que volva o fútbol e que o Celta logre a salvación.

"Espero que a competición volva o antes posible e que amosemos a nosa mellor versión. A ver se podemos seguir coa boa xeira de resultados e intentar salvarnos o antes posible e non so salvarnos, amosarlle tamén a nosa afección a verdadeira fortaleza do equipo porque relamente penso que temos calidade para ir aos postos de máis arriba", sinalou o dianteiro ruso.

Na última sesión desta segunda semana chegaron os primeiros goles aos campos de adestramento da Madroa.

Noticias web

23/05/2020