CRTVG

Buscar

Smartiago afronta os retos de mobilidade, xestión de residuos e iluminación

Publicado o 21/11/2019 14:57

Novo paso no proxecto Smartiago, que busca converter Santiago nunha cidade intelixente. Afronta retos como reducir a conxestión do tráfico, conseguir unha iluminación máis eficiente e fomentar a reciclaxe. Para avanzar neles ábrese unha fase de consultas con empresa tecnolóxicas.

As empresas deberán facer propostas innovadoras en mobilidade, sobre a implantación de vehículos eléctricos na zona histórica, controis de acceso ou estacionamento. Tamén se buscan solucións na xestión dos residuos, co pulo á reciclaxe e compostaxe urbana. E unha eficiencia da iluminación pública que protexa o patrimonio.

O alcalde de santiago di que nunha cidade patrimonio como é Santiago "xustamente necesitamos da innovación e da tecnoloxía para sostela e para poder ofrecer un futuro mellor aos noso cidadáns"

O proxecto Smartiago está financiado nun 80% con fondos europeos e o 20 restante cóbreno a partes iguais o Concello e a Xunta.

O conselleiro de Economía di que hai que "blindar a calidade dos servizos públicos a través das tecnoloxías innovadoras e afíns á protección do medio natural. Esa é a responsabilidade que temos as administracións".

En total, Smartiago destinará máis de seis millóns de euros á compra pública de innovación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019