CRTVG

Buscar

Os polígonos bateeiros de Ares e Mugardos, únicos que se libran da toxina que ocasiona a marea vermella

Publicado o 27/02/2020 08:43

A marea vermella obriga esta semana a manter pechados máis da metade dos polígonos bateeiros de Galicia. A toxina afecta a todas as rías agás a de Ares e Mugardos.
Tamén impide a extracción de berberecho e ameixa en zonas das rías de Muros-Noia, Pontevedra e Vigo.

Covadonga Salgado. Directora do Intecmar

"Está a afectar a todos os polígonos de mexillón na ría de Muros-Noia e Pontevedra. Na de Vigo, quedan abertos tres, e na de Arousa afecta o 30% dos polígonos. Tamén está afectando a bancos de ameixa e berberecho en Muros, Pontevedra e Vigo".

As análises actualízanse dúas veces ao día. Os últimos resultados convidan ao optimismo, pero aínda non se pode prever a fin deste episodio.

Covadonga Salgado. Directora do Intecmar

"As últimas análises indican que pode estar estabilizandose, pero quedan por analizar aínda mostras desta semana"

Hai controis estritos para que o molusco afectado non chegue nunca ao mercado. Para protexer a súa saúde, asegúrese sempre de consumir marisco obtido polas canles oficiais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2020