CRTVG

Buscar

Situación dramática nos asilos de Cataluña e Castela e León pola subida nos contaxios

Publicado o 03/04/2020 00:01

A situación é dramática nos centros de maiores de Cataluña. A Generalitat estima que aproximadamente no 30 por cento das residencias hai casos, pero só na cidade de Barcelona, o Concello desmente eses datos e asegura que a súa información eleva a cifra ata o 70 por cento.

A presión do virus tamén é grande en Castela e León, onde levan 292 mortos en residencias de maiores, centros de persoas con discapaciade ou vivendas tuteladas. Porén, o Goberno rexional conseguiu frear a tensión que había sobre as UCI. Elevouse o número de camas de 163 a 520 coa axuda do Exército. Trescentas cincuenta e tres están ocupadas por enfermos da COVID-19.

Noticias web

03/04/2020