CRTVG

Buscar

Preocupa a calidade do aire na Palma e que o vento leve os gases á illa

Publicado o 01/10/2021 09:00

Debaixo da terra continúan os tremores. Onte foron dezaoito. E nas últimas horas apareceron os primeiros datos negativos sobre a calidade do aire na Palma. Inda que de momento as emisións de dióxido de xofre non superaron os limiares que supoñen un risco para a saúde, nas últimas horas, con todo, si se notaron concentracións puntuais por riba do normal.

Ademais, os ventos alisios amainaron e fixeron que a nube branca que sae do mar ao contacto da lava coa auga se disperse menos e vaia máis baixa, e mesmo se estanque enriba da illa. Por iso, as autoridades recomendan á poboación extremar as medidas de precaución.

A previsión meteorolóxica que se espera a partir de hoxe nas Canarias, que anuncia un posible cambio na dirección do vento que ata agora esparexía os gases cara ao mar, pode obrigar a estender as medidas de prevención e mesmo o confinamento que agora só hai en Tazacorte e todo o val de Aridane.

A lava emitida polo volcán cobre xa case 340 hectáreas, incluída a illa baixa que se formou no mar e que, segundo as últimas actualizacións, ten xa dezasete hectáreas.

Fase explosiva

Á parte de magma, o volcán volveu entrar nas últimas horas nunha fase explosiva, con moita expulsión de material. A isto hai que sumar que se abriu unha nova fisura, de gran tamaño, entre as dúas bocas que estaban activas que emite un caudal continuo e máis rápido de lava, o cal crea unha nova coada na parte norte do cono.

Mentres, na zona sur da illa, volveron rexistrarse terremotos. Ata dezasete nas últimas horas. Un deles de magnitude de 3,5 na zona de Fuencaliente. A pesar da situación de risco, nesta localidade están permitindo que os veciños vaian alimentar os animais, recoller plátanos ou regar as plantacións. Algúns para descubrir con alivio que inda teñen casa.

Comisión mixta

O ministro de Presidencia Félix Bolaños, de visita na Palma, reiterou que o Goberno está coa illa e que a reconstrución é unha prioridade. 

A presenza do ministro respondía á constitución formal dunha comisión mixta interadministrativa, que hoxe celebrará a súa primeira reunión. Prevese aprobar un decreto lei con medidas fiscais para facer fronte aos efectos da erupción. Xa se adiantou que As Canarias bonificarán varios impostos aos afectados.

As autoridades agardan poder poñer a disposición das persoas afectadas as primeiras casas mercadas este mes de outubro. Mentres, na illa desatouse unha onda de solidariedade.

 

Por primeira vez preocupa a calidade do aire na illa da Palma. Inda que de momento as emisións de dióxido de xofre non superaron os limiares que supoñen un risco para a saúde, nas últimas horas, con todo, si se notaron concentracións puntuais por riba do normal. Ademais, os ventos alisios amainaron e fixeron que a nube branca que sae do mar ao contacto da lava coa auga se disperse menos e vaia máis baixa, e mesmo se estanque enriba da illa. Por iso, as autoridades recomendan á poboación extremar as medidas de precuación.
 
\n\t\t\t\t\t\tCAMIO\n\t\t\t\t\t\thttp://10.10.25.100/CAMIO4/Services/Redirection/MosRedirectionService.svc\n\t\t\t\t\t\t0\n\t\t\t\t\t\n\t\t\t\t\n\t\t\t\n\t\t\n\t\t2\n\t\t\n\t"}}" style="margin: 1px; vertical-align: text-bottom; cursor: default; height: 10px; user-select: auto !important;">TOTAL director técnico do Pevolca, Rubén Fernández 
 
A previsión meteorolóxica que se espera a partir de hoxe nas Canarias, que anuncia un posible cambio na dirección do vento que ata agora esparexía os gases cara ao mar, pode obrigar a estender as medidas de prevención e mesmo o confinamento que agora só hai en Tazacorte e todo o val de Aridane. 
 
IMAXE LARANXA. 
 
\n\t\t\t\t\t\tCAMIO\n\t\t\t\t\t\thttp://10.10.25.100/CAMIO4/Services/Redirection/MosRedirectionService.svc\n\t\t\t\t\t\t0\n\t\t\t\t\t\n\t\t\t\t\n\t\t\t\n\t\t\n\t\t3\n\t\t\n\t"}}" style="margin: 1px; vertical-align: text-bottom; cursor: default; height: 10px; user-select: auto !important;">A lava emitida polo volcán cobre xa case 340 hectáreas, incluída a illa baixa que se formou no mar e que, segundo as últimas actualizacións, ten xa dezasete hectáreas. 
 
Á parte de magma, o volcán volveu entrar nas últimas horas nunha fase explosiva, con moita expulsión de material. A isto hai que sumar que se abriu unha nova fisura, de gran tamaño, entre as dúas bocas que estaban activas, e que emite un caudal continuo e máis rápido de lava, creando unha nova coada na parte norte do cono. 
 
Mentres, na zona sur da illa, volveron rexistrarse terremotos. Ata dezasete nas últimas horas. Un deles de magnitude de 3,5, na zona de Fuencaliente. A pesar da situación de risco, nesta localidade están permitindo que os veciños vaian alimentar os animais, recoller plátanos ou regar as plantacións. Algúns para descubrir con alivio que inda teñen casa. 
 
TOTAL señor. 

O ministro de Presidencia, de visita na Palma, reiterou que o Goberno está coa illa e que a reconstrución é unha prioridade.

\n\t\t\t\t\t\tCAMIO\n\t\t\t\t\t\thttp://10.10.25.100/CAMIO4/Services/Redirection/MosRedirectionService.svc\n\t\t\t\t\t\t0\n\t\t\t\t\t\n\t\t\t\t\n\t\t\t\n\t\t\n\t\t4\n\t\t\n\t"}}" style="margin: 1px; vertical-align: text-bottom; cursor: default; height: 10px; user-select: auto !important;">TOTAL ministro da Presidencia, Félix Bolaños.

A presenza do ministro na illa respondía á constitución formal dunha comisión mixta interadministrativa, que hoxe celebrará a súa primeira reunión. Prevese aprobar un decreto lei con medidas fiscais para facer fronte aos efectos da erupción. Xa se adiantou que Canarias bonificará varios impostos aos afectados. 

Noticias web

01/10/2021