CRTVG

Buscar

Sito Miñanco seguía operando baixo o nome de Mario

Publicado o 21/12/2020 15:59
Sito Miñanco seguía operando baixo o nome de Mario

O novo nome baixo o que continuaba operando o narcotraficante Sito Miñanco é Mario. Así o recolle o sumario da operación Mito, que saca á luz o suposto novo imperio levantado polo histórico narco galego, con vínculos en Colombia, Turquía e Holanda.

A xuíza que instrúe o caso cre que Sito Miñanco estaba asentado en Andalucía, pero que viaxaba con frecuencia ao Salnés, e que supostamente seguía empregando os pilotos e a infraestrutura de Cambados, co obxectivo de introducir en Europa grandes alixos de cocaína por vía marítima.

 

Noticias web

21/12/2020