CRTVG

Buscar

Sistema pioneiro para a medicación oncolóxica no hospital de Montecelo

Publicado o 11/06/2019 20:25

O Hospital de Montecelo estase a converter nun referente no sur de Europa e América do Sur por un sistema pioneiro en Galicia de preparacion de medicamentos para tratamentos de quimioterapia. 

O hospital de Montecelo implantou hai un mes con éxito o BD Cato, unha solución de software que integra o proceso da preparación da quimioterapia, dende a planificación da terapia ata a preparación de medicamentos citotóxicos.

Un sistema que permite a elaboración con erro cero de preparados en quimioterapia. Permite maior seguridade na preparacion de estes fármacos que emiten vapores perigosos, e maior eficiencia xa que posibilita a reutilización do material rexeitado nunha medicación. Polo momento só se está a utilizar para quimioterapia oncohematolóxica, pero a previsión é aplicalo no Hospital de Día no Salnés o ano vindeiro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019