CRTVG

Buscar

Sindicatos peronistas amosan nas rúas da Arxentina o seu apoio ao Goberno

Publicado o 18/10/2020 10:03

Centos de persoas convocadas polos sindicatos peronistas da Arxentina realizaron caravanas de apoio ao executivo do presidente Alberto Fernández en distintas cidades, no denominado "dia da lealdade peronista". A máis numerosa congregou nas rúas de Bos Aires camións, ómnibus, taxis e autos particulares con distintos gremios baixo a consigna de non baixar dos vehículos pola emerxencia sanitaria de Covisd-19.

A marcha convocárona os sindicatos que seguen a Hugo Moyano, líder dos choferes de camións que apoian ao goberno do peronista Fernández, pero alonxado da CGT a maior central obreira do pais e tamén peronista que celebrará outro acto de soporte ao Executivo pero sen mobilizacións nas rúas pola pandemia.

Recibe asi o presidente Fernández a solidariedade dos sindicatos peronistas en medio da crise que afronta a Arxentina, agudizada polo coronavirus, con crecentes índices de desemprego e pobreza.



 

Noticias web

18/10/2020