CRTVG

Buscar

Sindicatos e pais piden dar o curso por rematado o 13 de marzo a efectos de avaliación

Publicado o 14/04/2020 15:36

Os cinco sindicatos maioritarios do ensino e as ANPA dos centros públicos galegos conciden no seu diagnóstico: malia que se manteñan as clases telemáticas, o curso debe darse por rematado a efectos académicos con data de 13 de marzo, cando se suspenderon as clases presenciais.

Piden que non se impartan contidos novos porque case un terzo das familias galegas carece da conectividade para continuar o curso de xeito telemático. Este é un dos principais puntos de discrepancia entre as distintas autonomías, que mañá deberán consensuar coa ministra de Educación as pautas para o remate deste curso atípico.

Na reunión decisiva para o sector educativo decidirase se se descarta a volta ás aulas, cales son os criterios para avaliar o terceiro trimestre, e se este se debe limitar a afianzar os contidos xa estudados ou avanza nos temarios.

Noticias web

14/04/2020