CRTVG

Buscar

Sindicatos e organizacións feministas recorren a prohibición de manifestarse polo 8-M en Madrid

Publicado o 05/03/2021 15:15

Os sindicatos Comisións Obreiras, UXT e organizacións feministas de Madrid van recorrer a decisión de prohibir as manifestacións o 8-M na capital. Cren que atenta contra os dereitos fundamentais e criminaliza o movemento.

Podemos tampouco apoia a medida pero, como parte do goberno, din que van acatala. Ione Belarra, Secretaria de Estado para a Axenda 2030, asegurou que "non parece de recibo que se poida contribuir a criminalizar o movemento feminista. Dito esto, evidentemente, imos respectar ao pé da letra as recomendacións sanitarias".

Os socialistas, pola súa parte, xustifican o caso particular de Madrid. Din que os datos son malos e que as manifestacións adoitan ser grandes. Para a vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo,  "non hai ningún ánimo de estar en contra da gran contestación que a sociedade ten que dar o 8 de marzo, e que as mulleres dámos, senón de ter un criterio ponderado no caso de Madrid".

O PP respalda a prohibición. Din que non pode repetirse o do ano pasado. O vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Montesinos, di que "non poñen o foco" no 8-M, senón no presidente do Goberno pola "tremenda irresponsabilidade de non desconvocar esas marchas o ano pasado". Aseguran que o Goberno xa tiña daquela información suficiente sobre os riscos de contaxio.

Noticias web

05/03/2021