CRTVG

Buscar

Sinatura do acordo de paz de Israel con Emiratos Árabes e Bahrein na Casa Branca

Publicado o 16/09/2020 10:49

Ábrese un novo capítulo na historia de Oriente Medio. A Casa Branca acolleu a sinatura dos chamados acordos de Abraham. Israel establece deste xeito relacións diplomáticas cos Emiratos Árabes e mais Baréin. É o primero gran tratado de paz en Oriente Medio en 42 anos. E prodúcese coa mediación dos Estados Unidos. Dende Palestina non o ven con bos ollos. Responderon con protestas contra o achegamento.

Noticias web

16/09/2020