CRTVG

Buscar

Sinalan o ciberbullying como a forma de acoso escolar máis presente na pandemia

Publicado o 16/09/2021 15:29

Comeza o curso e con el a posta en marcha un ano máis do plan director para a convivencia nos centros educativos. Este proxecto conxunto dos ministerios de Educación e Sanidade contempla que as forzas de seguridade teñan un papel activo na prevención do acoso escolar. Por iso un ano máis estarán nas aulas explicando que a violencia se pode exercer de múltiples formas.

Alberto Arias, inspector delegado de Participación Cidadá da Policía Nacional detalla: "Desde insultos, illamento, presión social, roubos de material, pequenos golpes ou mesmo agresións que poden chegar a ser graves".

Á hora de concienciar sobre o acoso escolar, cada vez se fai máis fincapé no papel que ten o grupo fronte ao comportamento do acosador.

Así o explica Alberto Arias: "A resposta máis próxima ten que ser a do grupo, converter esa presión negativa que ás veces sofre a vítima nunha presión positiva cara os agresores para que deixen de levar a cabo este tipo de comportamentos".

Segundo o último informe da Fundación Anar, o 25 % dos adolescentes afima coñecer compañeiros e compañeiras de clase que poderían sufrir cyberbullying, a través de aplicacións de mensaxería, redes sociais e xogos en liña.

Noticias web

16/09/2021