CRTVG

Buscar

Simulacros de seguridade nos colexios electorais: así é como os galegos van votar o 12-X

Publicado o 23/06/2020 10:33

A maquinaria electoral afina a súa posta a punto. Esta mañá desprazámonos ata Marín para ver un simulacro de como imos ter que facer o 12 de xullo.

A primeira medida, a máscara. Hai que ir votar con ela. Tamén empregaremos as cabinas habilitadas, sen necesidade de manipular a cortina e observaremos as marcas no chan  para manter a distancia de seguridade. 

Outras medidas que observamos son os itinerarios de circulación separados. 

Tamén hai medidas de protección individual dos membros das mesas, interventores e votantes. 

Por exemplo, o votante depositará o DNI nunha bandexa para evitar o contacto.

 

 

Noticias web

23/06/2020