CRTVG

Buscar

Simulacro de contaminación mariña na ría de Pontevedra

Publicado o 18/07/2019 14:55

No intervalo de dúas horas, este barco denominado Pelados foi remolcado na boca da ría de Pontevedra ata o peirao de Marín. Despois de sufrir o sinistro, as autoridades decidiron cercar a embarcación no porto debido á vertedura de gasóleo e formar unhas barreiras para, por último, succionar o hidrocarburo vertido á ría. Trátase dun simulacro que organiza a Autoridade Portuaria de Marín cun plan de actuación premeditado de cara a unha posible contaminación marítima real.

Hoxe estas boias de cores vivas simulan o gasóleo vertido á ría por ser un material que funciona de xeito semellante ao combustible no caso de que haxa vento ou correntes. Neste peirao de Marín unhas 30 persoas de Salvamento Marítimo e a Autoridade Portuaria proceden agora a formar unhas barreiras marítimas para cercar tamén os 2.000 litros de hidrocarburo.

A autoridade portuaria realiza ao ano unha media de 3 ou 4 simulacros, desta volta dando un paso máis: a coordinación entre as diferentes administracións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019