CRTVG

Buscar

Simulacro de atentado terrorista para examinar os futuros enfermeiros de urxencias

Publicado o 13/06/2018 14:58

Ataque terrorista con vítimas. Disparan a policías e sanitarios e e refúxianse nun edificio. Esta vez, afortunadamente, foi un simulacro. É a situación á que se teñen que enfrontar os futuros enfermeiros de urxencias e emerxencias.

Tras unha persecución policial, un autómobil esnáfrase contra unha parada de autobús. Resulta ser un comando terrorista. Toman reféns e refúxianse nun edificio.

O tirador acaba abatendo outra persoa. Mentres a Garda Civil intenta asaltar o edificio onde están refuxiados os terroristas, os equipos médicos asisten as vítimas.

Se aproban o examen, estes enfermeiros entrarán nas unidades de Urxencias e Emerxencias de todo o país. Para conseguir condicións similares á realidade, todos os participantes descoñecian os detalles do simulacro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018