CRTVG

Buscar

Simples consellos para evitar os roubos nas praias

Publicado o 28/08/2019 18:41

Coas boas temperaturas e as praias ateigadas, os garduños aproveitan para facer o seu agosto. Dende a policía advirten da importancia de botarlles un ollo ás nosas pertenzas para evitarmos sorpresas. Os móbiles, as carteiras e as lentes son os obxectos máis cobizados. 

Pedirlle a alguén que nolos vixíen, soterralas baixo a area ou gardalas en petos interiores son algúns dos consellos que podemos seguir para non levar unha sorpresa desagradable.

Noticias web

28/08/2019