CRTVG

Buscar

Simpatizantes do BNG reivindicaron en Santiago maior soberanía para Galicia

Publicado o 25/07/2017 20:47

"Galiza, a nación que compartimos" foi o lema deste ano, co que pediron unha reforma do actual modelo autonómico que remate coa discriminación que, segundo Pontón sofre Galicia

Como cada 25 de xullo o BNG celebrou a súa tradicional manifestación polas rúas de Santiago de Compostela. O Bloque reivindicou maior soberanía para Galicia. Ana Pontón fixo un chamamento á unión de todos os nacionalistas e asegura qe o seu partido ten as portas abertas.

Cunha marcha de tambores e gaitas e unha bandeira nacionalista de grandes dimensións arrancaba a manifestación do BNG polas rúas de Compostela. Ana Pontón, acompañada doutros cargos do partido, portaba a pancarta co lema: "Galiza, a nación que compartimos". A líder do BNG reclamou máis autogoberno. "Desde o BNG imos propoñerlle ao resto de forzas políticas abrir unha ponencia no Parlamento que camiñe cara a un novo status para Galicia, un novo horizonte para o país que nos recoñeza como unha nación libre para decidir o noso futuro".

Desde a praza da Quintana, Ana Pontón fixo unha chamamento á unidade de todos os nacionalistas e afirmou que o seu partido mantén as portas abertas a todos. Na manifestación tamén participaron representantes doutras forzas nacionalistas como Esquerra Republicana, a CUP, PNV e Bildu.

Galería de imaxes

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/07/2017