CRTVG

Buscar

Simón recoñece que lles preocupa o brote do mercado de Pequín

Publicado o 17/06/2020 20:54

Desde o Centro de Emerxencias Sanitarias ven con bos ollos as medidas drásticas que está tomando A China para controlar o brote no mercado de peixe de Pequín. Pero preocupa a comunidade científica porque calquera país que sofre a pandemia pode verse nun espello do futuro máis próximo.

En España seguen pendentes do rebrote no hospital do País Vasco e no matadoiro de Cataluña. O resto semellan controlados a falta de recibir os informes das comunidades autónomas.

Outro tema que se resolverá nos vindeiros días é o protocolo de actuación para os contactos arredor dos casos positivos. Debátese se facer, ou non, probas PCR a todos eses posibles contactos contaxiados.

Fernando Simón pensa que entre xoves e venres poderían ter a decisión tomada sobre este protocolo, no grupo de traballo coas comunidades autónomas para validalo posteriormente na Comisión de Saúde Pública.

Noticias web

17/06/2020