CRTVG

Buscar

Simón di que a epidemia de COVID-19 producirá cambios no comportamento e nos hábitos da xente

Publicado o 10/05/2020 12:10

O director do Centro de Alertas e Emerxencias Sanitarias confirmou a tendencia á baixa no número de novos positivos en COVID-19, así como o descenso da cifra diaria de falecidos e ingresados nas UCI.
Fernando Simón di que as comunidades con maior poboación levan algo de atraso na información facilitada, "Madrid, Cataluña e algo en Castela-A Mancha".

Simón avanzou que nos próximos días irán dando datos sobre colectivos afectados e sobre posibles fobias ou temores que pode deixar a COVID-19. Confirmou que é seguro que vai haber cambios nos hábitos e comportamentos, como sucede coas grandes pandemias.

Noticias web

10/05/2020