CRTVG

Buscar

Simón confirma que a pandemia deixa 51.482 sanitarios infectados e 63 falecidos

Publicado o 29/05/2020 18:24

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, revelou que 51.482 sanitarios de todas as ramas da Sanidade que traballan en servizos públicos se contaxiaron por coronavirus, dos que 63 morreron, un 85 % (43.760) foron dados de alta e 7.772 seguen de baixa.

Así o dixo Simón en conferencia de prensa este venres na que detallou que o número total de contagios entre o persoal sanitario aínda ten que ser corrixido de acordo á última contabilidade introducida nos últimos días.

Precisou que é difícil determinar onde se produciron estes contaxios, xa que os sanitarios están exposto no seu terreo laboral e no social, como o resto dos cidadáns. O experto detallou que, do total de sanitarios contaxiados, 4.730 estiveron ingresados en hospitalización convencional e 631 en UCI. "Dos 51.482, temos información sobre a evolución final do 84 %, que nos revela que morreron 63, o que supón o 0,15 por cento de todos os sanitarios infectados", detallou o epidemiólogo.

Tamén facilitou datos do período comprendido entre o 11 e o 28 de maio, no que resultaron contaxiados 1.062, o que representa un 2 por cento do total de sanitarios infectados desde o inicio da epidemia, e deles, 634 pertencen a centros sanitarios, 321 a centros sociosanitarios e 97 a outro tipo de centros (medicina do traballo, empresas, etc).

Ademais, no últimos sete días notificáronse 22 novos sanitarios con inicio de síntomas. Son datos que para Simón supoñen que "do mesmo xeito que o resto da poboación, os sanitarios reduciron moito a súa taxa de infección e o número de casos" e que poñen de manifesto que "os profesionais sanitarios non nos libramos de caer enfermos e tampouco nos libramos de falecer, do mesmo xeito que outro grupo social".

Pero destacou que a taxa de letalidade deste grupo é menor porque todos os afectados están sans e en idade laboral e non pertencen a grupos vulnerables.

A maioría dos novos ingresados pola COVID-19 presentan síntomas menos graves

A pandemia segue baixo control en España. Sanidade confirma que os enfermos que ingresan agora presentan por norma xeral, síntomas menos graves, incluso as persoas maiores. Só se notificaron dous falecementos nas últimas vinte e catro horas. Agora preocupan os focos que se producen nalgúns lugares, pero que de momento se están atallando a tempo.


"Porque o obxectivo é identificar precozmente, identificar a cadea de transmisión para asegurarnos de que non temos a ninguén transmitindo que non estea ben controlado", explica Fernando Simón.

 

 

Noticias web

29/05/2020