Simeone eleva a Coudet aos altares como o artífice do cambio no Celta
Publicado o 14/08/2021 12:54
O campión de Liga comeza a defensa do título diante do Celta. Para o adestrador Diego Simeone hai unha chave no cambio do Celta. A chegada do Chacho Coudet transmitiu "agresividade, intensidade, recuperación logo de perda de bola e bo xogo posicional".