CRTVG

Buscar

Silvia Aguete, mellor porteira do mundo

Publicado o 26/03/2020 19:14

 Silvia Aguete é a mellor porteira de fútbol sala do mundo. Aos seus 33 anos, a gardarredes do Poio Pescamar e da selección española foi elixida como a mellor do mundo en 2019. Un galardón que concede a publicación dixital 'Futsalplanet'. En 2018 acabara no segundo posto das votacións, pero en 2019 sobe ata o máis alto da clasificación.  Un 2019 en que  Silvia Aguete se proclamou campioa de Europa, defendendo a portería da selección. Silvia móstrase encantada co recoñecemento. Mágoa que non poida celebralo en condicións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2020