Silleda acolle unha nova edición de Xuventude Galicia Net con 600 inscritos que participarán online
Publicado o 10/10/2020 15:25
A Feira Internacional de Galicia en Silleda acolle esta fin de semana a vixésima edición da Xuventude Galicia Net R Encounter.
Foi inaugurada esta mañá polo vicepresidente primeiro da Xunta e a conselleira de Política Social. Esta edición é por primeira vez en liña, debido á pandemia.
Máis de 600 afeccionados á informática e profesionais vencellados ao sector están inscritos nesta cita, que conta con máis de 50 actividade lúdicas e formativas, coas que se pretende ademais homenaxear o papel fundamental que exerceu a tecnoloxía nestes últimos meses.